Aproveitando a celebración do Día das Letras Galegas e tendo en conta o proxecto Colleitadores, que está a levar a cabo o do noso centro este ano. Imos a facer un dous por un, e traeremos a uns relatores que están fondamente relacionados coas letras e a cultura galegas, pero que ademais saben de plantas silvestres comestible, e sobre todo apaixónalles o tema.
Deste xeito o programa do día 18 no que tamén celebraremos as "II Xornadas adicadas á industria conserveira: Do Campo á Mesa", é o que segue.
E xa para ir despertando a vosa curiosidade no tocante ás xornadas, recollemos aquí os detalles dos logros dos nosos poñentes.
Jorge Guitián castromil

É un gran afeccionado á cociña e a gastronomía, e por iso se desviou un pouco do camiño que levaba a súa traxectoria profesional e comezou a escribir un blog de crítica culinaria “Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo” que o levou a acadar o éxito neste campo. Chegando a gañar, en 2008, o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, e en 2009 o Navarra Gourmet ao mellor blog gastronómico.
É un dos creadores do proxecto Gastrópodos, que se adica á xestión e deseño de estratexias, para grandes e pequenas marcas do sector agroalimentario e gastronómico.
Colaborou en televisión, radio e medios impresos, e imparte relatorios sobre alimentación e cociña. E Dende a primavera de 2015 participa, como crítico gastronómico e xurado, en "Gastrópodos: Cociña en Ruta, un programa da TVG"
MANUEL REINALDO LOUREIRO PÉREZ
Aínda que don Manuel Loureiro é xa da casa, non está de máis recordar tamén, por se alguén non o coñecera, que non creo, os seus logros profesionais.
Aquí preto, en Castiñeiras, naceu Manuel Reinaldo Loureiro Pérez. Fillo de pai ferroviario e nai mestra. Licenciouse en Químicas pola Universidade de Santiago. Ao rematar a súa formación foi contratado pola empresa Nestlé en Suíza, que non é calquera cousa. Despois traballa para Pinilla (Santander). E incluso foi profesor non
numerario no instituto "El Puente", de Ourense. Despois diso cambiou radicalmente de sector e comezou a traballar nos Estaleiros de Reinosa como xefe de laboratorio de
investigación, cando aínda ninguén falaba da I+D. Logo pasou aos
Altos Fornos de Vizcaia onde ocupou distintos postos e chegou a ser representante español na normalización
siderúrxica europea dentro da organización da Comisión Europea e experto español en temas de investigación
siderúrxica.

Martín Álvarez González

Comezou a súa carreira profesional no Instituto no que hoxe exerce como docente, cursando estudos de Hostalería. Máis tarde diplomouse en Empresas e Actividades Turísticas pola Escola Universitaria CEBEM de Vigo e perfeccionaría o seu saber xunto ao chef Moisand no restaurante do hotel Westminster de París.
É un apaixonado e bo coñecedor dos usos e aproveitamento das plantas silvestres comestibles. Aínda que os seus traballos se centraron sobre todo na ortiga, coa cal é quen de elaborar
innumerables preparacións, dende licores e cervexa, ata galletas, pasando por elaboracións non culinarias como cremas para a pel e o cabelo.
En relación a este tema escribiu tamén "45 recetas con ortigas", que temos tamén na nosa biblioteca como nova adquisición. Libro co cal chegou a gañar dous premios Gourmand en 2006: como mellor monográfico gastronómico editado en español e Medalla de Honra do xurado internacional.
No seu libro "Guía secreta da gastronomía galega: Ourense" percorre "coma un Cunqueiro do século XXI" as feiras, as festas, as romarías e os mercados desa provincia, e recolle as súas tradicións gastronómicas. Escribiu tamén "O barquilleiro d'olvido" (2009), e colabora dende 2007 da revista "Auria".
Ningún comentario:
Publicar un comentario