luns, 13 de marzo de 2017

Cursos de lingua galega para os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, publicou con data do 8 de marzo a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Destinatarios/as dos cursos:
Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria.
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de marzo de 2017.
As solicitudes dos cursos de teleformación efectuaranse na páxina web www.lingua.gal
As solicitudes dos cursos presenciais poden tramitarse en https://sede.xunta.gal co código ED104B
Máis información no DOG do 8 de marzo de 2017 e en www.lingua.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario