sábado, 22 de abril de 2017

Foto de CIFP Paseo Das Pontes.

Animamos a todo o alumnado a participar nesta convocatoria do Concurso Eduemprende. 


¿QUEN PODE PARTICIPA?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
  • Estar matriculado no curso 2016-2017 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos.
  • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
  • Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. 

Polo tanto, se es alumno de primeiro e tes unha idea pero non te animas porque non está o suficientemente desenvolvida, podes madurala coa asesoría do noso viveiro de empresas, a convocatoria do concurso sae todos os anos. ¡Aínda te poderías presentar para o próximo curso!

Máis información sobre a convocatoria neste enlace.

Ningún comentario:

Publicar un comentario